Actualidade Fall Guys segue a conquistar a comunidade e bate récords en PlayStation e Steam

Fall Guys segue a conquistar a comunidade e bate récords en PlayStation e Steam

Sinxelamente impresionante. Fall Guys converteuse nun dos grandes fenómenos dentro da industria dos videoxogos neste 2020. O título de Mediatonic conquistou completamente á comunidade coa súa desenfadada proposta de battle royale e os números comezan a reflectir ese bo traballo.

Fall Guys converteuse no xogo máis descargado de toda a historia de PlayStation Plus. Lembremos que este mes de agosto foi incluído como un dos títulos gratuítos para todos os usuarios que utilicen este servizo de subscrición de Sony. Superou a outras obras de renome como Metal Gear Solid V: The Phantom Pain, Bloodborne ou Shadow of the Colossus.

Éxito total en Steam

Os récords non terminan aquí. Devolver Digital anunciou que Fall Guys superou os 7 millóns de copas vendidas na plataforma de Valve. Desde a última cifra coñecida -2 millóns o 10 de agosto- o título sumou 5 millóns de unidades máis, unicamente en PC.

A editora xa chanceaban co seu posíbel éxito durante a súa conferencia, pero desde logo non se imaxinaban tal repercusión en todo o mundo. Hoxe mesmo o xogo recibirá o foco da atención, xa que durante a presentación da Gamescom coñeceremos os detalles sobre a segunda tempada de Fall Guys.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.