Actualidade Fallen Order convértese no mellor lanzamento dixital da saga

Fallen Order convértese no mellor lanzamento dixital da saga

Star Wars Jedi: Fallen Order cultivou o seu primeiro récord. O título, obra de Respawn Entertainment e editado por Electronic Arts debutou nas listas de vendas cuns números máis que positivos. Segundo informa Business Wire, a nova obra de Star Wars colocouse como o xogo dixital máis vendido da franquía nas súas dúas primeiras semanas de lanzamento.

Vince Zampella, responsábel máximo de Respawn, comunicou o seu agradecemento a todos os traballadores que fixeron posíbel a nova obra de acción e aventura. «Contar unha historia na galaxia de Star Wars é un soño feito realidade, e a recepción dos fans está a ser incríbel. Co lanzamento do xogo, o debut do Mandaloriano e a estrea de Star Wars: O Ascenso de Skywalker, é un gran momento para ser fan de Star Wars», explica.

Hai uns s días, Morcego analizou Fallen Order, título que na súa maioría está a recibir críticas máis que positivas, que fan fincapé na mestura de xéneros que logrou reter.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *