Actualidade Fallen Order presenta un novo trailer coa acción en primeiro plano

Fallen Order presenta un novo trailer coa acción en primeiro plano

Electronic Arts e Respawn Entertainment seguen asfaltando o terreo para a aterraxe de Star Wars Jedi: Fallen Order. Un novo adianto en vídeo mostra un nutrido número de escenas de acción nas que veremos envolvidos a Cal, o jedi protagonista desta aventura. O Imperio nunca descansa.

A nova peza non só lembra que haberá duelos de sabres láser, senón que tamén faremos fronte a criaturas salvaxes de diversos planetas, algunhas dun tamaño considerable. Non sempre teremos a vantaxe, os poderes dos jedi son limitados.

Star Wars Jedi: Fallen Order ten previsto estrearse en PC, PS4 e Xbox One este 15 de novembro.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *