Faro Gaming, o evento que quere ser o mellor do seu tipo en Galicia

Faro Gaming, o evento que quere ser o mellor do seu tipo en Galicia

Aínda que faltan datos por concretar, a aposta de Faro Gaming é clara: ser o maior evento do seu tipo en Galicia. O cada vez máis evidente crecemento da industria do videoxogo na comunidade é o incentivo máis probable que mobilizou a Faro de Vigo (como principal organizador) e á empresa de telecomunicacións R, a Universidade de Vigo e o proxecto Faneka Gaming (como colaboradores).

O evento celebrarase na cidade olívica entre os días 14, 15 e 16 de xuño, no Mar de Vigo. Contará con catro módulos de programación:

  • Videoxogos Indie. Espazo no que a organización quere traer en exclusiva a diferentes estudios de videoxogos para que o público poida coñecelos de primeira man e probar as súas novas creacións antes de que saian ao mercado.
  • Showmatch. Punto de encontro no que coñecer e xogar cos teus creadores de contido favoritos aos diferentes xogos competitivos máis importantes do momento.
  • Torneos de deportes electrónicos. Compite e gana para chegar á final nun estadio que se montará para a ocasión e goce de participantes e público.
  • Espazos de ocio. Realizaranse diversas actividades como probas de realidade virtual e instalación de casetas para gozar do último en videoxogos.

Brawl Stars, League of Legends, FIFA 19 e Clash Royale son os títulos escollidos para os torneos. Xa se aceptan inscricións.

Dentro dos premios que se ofertarán nos campionatos só figura o primeiro, «unha habitación gamer» segundo indica a páxina oficial do evento. Así mesmo, xa se crearon diferentes perfís en redes sociais para ir dando cobertura a todos os elementos posibles para a celebración da cita, como Instagram ou Twitter.

As entradas para o público poden ser mercadas como un abono ou só por día. A primeira opción ten un prezo de 25 euros para adultos e 15 para nenos. Por día, o prezo oscila entre os 12 e os 6 euros. Estas vendas non inclúen taxas (que son uns dous euros máis). A continuación podes consultar a programación prevista para os tres días (dalle enriba para ampliar).

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Ali
    • En: 29 de Maio de 2019

    Me encantaria ganar

  1. Quiero ganar ?

  2. Quiero ganar vengo a qui por patty dragona