Actualidade FIFA 20 deixa de contar con Marco van Basten após unha proclama nazi

FIFA 20 deixa de contar con Marco van Basten após unha proclama nazi

EA Sports non está para bromas. Durante o partido entre o Ajax e o Heracles Almelo, Marco van Basten foi cazado polas cámaras exclamando Sieg Heil, coñecida proclama nazi. O antigo xogador explicou que se trato «dunha broma errónea» na que quería ridiculizar o nivel de alemán dun xornalista holandés. A escusa non foi suficiente para a compañía de videoxogos, que retirou todos os elementos de Van Basten, exercendo de comentarista nese momento, do FIFA 20: Ultimate Team.

«Somos conscientes dos últimos comentarios de Marco van Basten. Temos a intención de manter o noso compromiso coa igualdade e a diversidade no noso xogo e, por iso, suspenderemos os artigos de icona de Van Basten dos sobres, DCP e FUT Draft até novo aviso», explica nun comunicado EA Sports.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.