Actualidade FIFA 22 para PC non contará coas melloras de PS5, Xbox Series e Stadia

FIFA 22 para PC non contará coas melloras de PS5, Xbox Series e Stadia

Anunciado no día de onte, FIFA 22, a tradición anual de EA Sports, toca recibir tamén algunha que outra decepción. O título que levará en portada a Kylian Mbappé, e que traerá consigo a inclusión da tecnoloxía Hypermotion, a cal promete melloras significativas para os partidos, contará con varias versións, como é habitual, pero esa tecnoloxía non estará incluída en PC, só en PS5, Xbox X|S e Stadia.

Ao menos, así o entendimos nós. Se un acude á ficha de produto na PlayStation Store de FIFA 22 para PS5 para logo comprarla coa mesma en Steam, comprobará que na primeria si se fai mención a Hypermotion, namentres que en PC non. Que quere dicir isto? Que a versión de PC será a mesma que a de Xbox One e PS4.

Esa decisión decepcionou os usuarios de PC, que cargaron contra a empresa en Reddit e redes sociais como Twitter. Doutra banda, está o asunto de Nintendo Switch, que simplemente recibirá a Legacy Edition, unha actualización de persoais e equipamentos para FIFA 21.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.