Actualidade Filtrado o tráiler de Plants vs. Zombies: Battle For Neighborville

Filtrado o tráiler de Plants vs. Zombies: Battle For Neighborville

As filtracións son unha constante tan habitual na industria do videoxogo, que é difícil non pensar nelas como unha estratexia ou trangallada publicitaria máis. Plants vs. Zombies: Battle for Neighborville debía ser unha das sorpresas de Electronic Arts nesta próxima Gamescom 2019, pero xa se filtrou o seu primeiro adianto audiovisual.

Trátase dun tráiler cinemático na súa maioría, malia que tamén semella incluír algunha escena de gameplay. A estética desta nova entrega será parecida á de Garden Warfare.

A existencia do título foi confirmada hai uns poucos días, cando se realizou o rexistro do obra na Oficina de Propiedade Intelectual da Unión Europea dentro das clasificacións NICE 9 —xogo de computador, xogo descargábel a través de dispositivos en rede e inalámbricos e software de videoxogos— e 41—servizos de entretemento, ofrecendo uso temporal de xogos non descargables—.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.