Actualidade Filtran as datas para as rebaixas en Steam de Halloween, Black Friday e Nadal

Filtran as datas para as rebaixas en Steam de Halloween, Black Friday e Nadal

Steam e as súas rebaixas. Un binomio que xera sempre un río de emocións entre aqueles xogadores pacientes que agardan o mellor intre do ano para facerse cun título en concreto —benditos descontos—. As períodos de rebaixas na plataforma de Valve multiplícanse na recta final do ano, con até tres momentos de relevancia: Haloween, Black Friday e Nadal. Steam Dabase filtrou esta fin de semana as datas de cada un.

A través dun chío na rede social do paxaro azul, a entidade, que adoita ofrecer información relevante sobre Steam antes de tempo, indicou de xeito  esquemático toda a información:

Os descontos que Steam aplica aos seus produtos adoitan oscilar entre o 15 % e o 85 %. É habitual que sempre se presenten dous ou tres títulos saídos este ano cunha importante rebaixa, o que anima ás vendas.

Chegado o día, en Revista Morcego recompilaremos as mellores ou máis rechamantes ofertas para que a procura nese labirinto dixital de xogos que é Steam sexa máis fáci.

 

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.