Actualidade Fíltrase a intro da demo de Final Fantasy 7 Remake

Fíltrase a intro da demo de Final Fantasy 7 Remake

Segredo a voces e filtración habitual. A introdución da demo de Final Fantasy 7 Remake xa se atopa dispoñíbel de diversas maneiras na Rede, após aparecer rexistrada en PlayStation Store hai uns días.

Por suposto, Square Enix permanece en silencio e non confirma a posibilidade de que se poida probar o xogo antes do seu lanzamento, mais salvo sorpresa maiúscula todo apunta a que así será.

A nova introdución, de máis de tres de minutos, funciona como unha brutal dose de nostalxia, ao ser un calco da orixinal de 1997, pero co novo apartado gráfico. Segundo parece parece, o acceso á demo obtívose a través dunha PS4 modificada que permitía explorar os seus arquivos, pero non xogala.

Ollo! Tamén están a aparecer diversos spoilers en relación con esta demo e os arquivos que garda, que arroxan pistas sobre o xogo total.

O lanzamento de Final Fantasy 7 Remake está previsto para o 3 de marzo de 2020.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.