Fíltrase a lista de xogos gratuítos na Epic Games Store deste Nadal
Aínda que chegou a circular unha suposta lista filtrada coas obras que a Epic Games Store regalaría este Nadal, a realidade demostrou ser menos ambiciosa —a primeira lista contiña títulos como Horizon: Zero Dawn, Metal Gear Solid V: Phantom Pain ou Borderlands 3—. Agora, de novo cae outra lista nas nosas mans, pero nesta ocasión si semella bastante máis real e posible.
O chío orixinal que recolle os nomes foi publicado cando só vira a luz a primeira oferta, polo que xa posúe bastante veracidade logo de acertar todos os xogos ata o día de hoxe. Trátase dun conxunto de obras bastante interesante, entre os que sobresaen Alien: Isolation, Inside, Darkest Dungeon, Night in the Woods ou Jurassic World Evolution, entre outros.
This got sent to me a few hours ago, I wasn't sure if it's real or not.
But now, as New 'n' Tasty leaked to come out today, this list is most likely true. Still take it as a grain of salt. I'll give you more info where it's from. pic.twitter.com/0vTNgMec3n
— jovanmunja (@jovanmunja) December 18, 2020
Como engado á biblioteca estes títulos? Simplemente pedíndoos na tenda de Epic. Cada obra está dispoñible de xeito gratuíto. Abonda con entrar, clicar en comprar por cero euros e xa pasa para sempre á túa biblioteca.




