Final Fantasy VII Remake amosará novas imaxes na recta final deste ano

O productor de Final Fantasy VII Remake, Yoshinori Kitase, publicou no blogue oficial de Square Enix unha longa mensaxe, cos seguidores da franquía como destinatarios, onde matiza algúns detalles arredor do futuro videoxogo. Neste comunicado tamén promete ensinar novas imaxes e gameplay do título a finais do 2019, polo que é probábel que a compañía teña pensado permanecer en silencio até ese momento e continuar co seu traballo interno.
«A nosa meta con este proxecto é reconstruír Final Fantasy VII nunha nova era; non estamos a facer o título baixo un modelo 1:1 ou unha simple remasterización da obra orixinal», sinala Kitase. Estas palabras poden cobrar máis sentido ao comprobarmos como a revisión semella ir moito máis aló do simple feito de dotar ao xogo de 1997 de novos gráficos.
Final Fantasy VII Remake estará dividido en varios episodios polo que todo apunta a unha ampliación da historia de enormes proporcións. A primeira entrega chegará en marzo do ano que vén, e precisará de dous discos Blu-Ray para cargala. Desde Square Enix aseguran que será un xogo completo como tal, con continuación, si, pero igual de longo que calquera aventura RPG deste tipo. O desenvolvemento deste primeiro episodio está por rematar, logo «continuaremos planificando e definindo o volume total do segundo», explica a empresa no seu último comunicado.
O xogo lanzarase o próximo 3 de marzo de 2020 en exclusiva para PlayStation 4; aínda que non está descartado que teñamos unha posible versión para PlayStation 5, e tamén para outras plataformas.

Tifa foi a última personaxe do grupo de protagonistas en amosar o seu novo aspecto.
En esta web ponen al Final Fantasy VII donde le corresponde
https://www.heaven32.com/videojuegos/los-juegos-de-final-fantasy-clasificados-de-mejor-a-peor/
Sin embargo al VI, el mejor sin dudas de la historia sin remakes ni películas ni nada… En fin qué opináis?