Actualidade Final Fantasy VII Remake :: Así son os personaxes de Shinra

Final Fantasy VII Remake :: Así son os personaxes de Shinra

Para que enganarnos. Final Fantasy VII Remake quita o hipo a nivel visual. O primeiro capítulo que revisa a obra orixinal de Square non faltou á súa cita co Tokyo Game Show 2019, escenario no que vén de presentar o seu novo adianto.

O argumento desta primeira entrega —aínda non se sabe con exactitude cantas serán— transcorre na cidade de Midgar, unha localización coñecida daboindo para calquera amante da saga Final Fantasy, pero que recibiu unha reconstrución absoluta. Se no E3 foron presentados algúns dos personaxes máis importantes da aventura, agora Square Enix quixo poñer o foco na malvada corporación de Shinra e os seus tentáculos de poder.

Así, o novo adianto presenta o renovado aspecto dalgúns do seus matóns. A compañía xaponesa cumpre así co prometido, ao avisar que estes serían os personaxes que presentaría na feira local. Ademais, durante uns segundos tamén aparecen por vez primeira as invocacións de Ifrit ou Shiva, mesmo algún minixogo como os dardos.

Polo momento, Final Fantasy VII Remake será exclusivo de PlayStation 4. A súa data de lanzamento segue programada para o 3 de marzo.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *