Actualidade Final Fantasy VII Remake terá problemas de abastecemento da súa versión física

Final Fantasy VII Remake terá problemas de abastecemento da súa versión física

As consecuencias do coronavirus non só afectan á cancelación de eventos senón aos lanzamentos dos propios videoxogos. Square Enix emitiu este mércores un comunicado no que sinalan que non poden asegurar que as copias físicas de Final Fantasy VII Remake cheguen a todos os seus compradores o vindeiro 10 de abril.

Entre as causas que indica a compañía xaponesa atópanse os cambios tanto a nivel interior como exterior que están a adoptar as nacións para conter a expansión da enfermidade. Esta problemática na distribución ten como principais rexións afectadas América e Europa. Doutra banda, Square Enix emprázanos ao día 20 de marzo para novas noticias respecto diso.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.