Final Fantasy VII: The First Soldier supera o millón de descargas en 48 horas

Square Enix confirmou a través das súas redes sociais o o primeiro gran logro do seu novo xogo, Final Fantasy VII: The First Soldier. O battle royale ambientado no universo de Final Fantasy VII xa alcanzou a cifra do millón de descargas, apenas dous días despois da súa chegada ás tendas dixitais.
A compañía xaponesa celebrou o este fito regalando tres Tickets Shinra e 3 conxuntos de Comida Chocobo a todos os usuarios rexistrados no xogo.
Final Fantasy VII: The First Soldier entra dentro desa ampliación que Square Enix está a realizar do universo orixinal de Cloud e compañía, e foi anunciado en febreiro deste ano. Está dispoñible en iOS e Android.
#FF7FS has already achieved over 1 million downloads! To thank you all for your support, the below gifts 🎁 will be delivered to all users:
Shinra Pack Ticket x3
└Each one grants 3 items from a Shinra Pack 🎫Chocobo Feed Set x2
└Chocobo food🥬 pic.twitter.com/Zc8EVOukSN— FINAL FANTASY VII THE FIRST SOLDIER_EN|FF7FS (@FFVII_FS_EN) November 19, 2021