Actualidade Final Fantasy VIII Remastered chegará o 3 de setembro a PC e consolas

Final Fantasy VIII Remastered chegará o 3 de setembro a PC e consolas

Final Fantasy VIII Remastered sairá o 3 de setembro en PS4, Xbox One, Switch e PC. Era o dato que faltaba por confirmar sobre esta nova versión do clásico RPG de PlayStation, ademais do seu prezo: 19,99 euros. O anuncio fíxose público no marco da Gamescom 2019, após uns días de certa actividade nas redes sociais de Square Enix, ao redor do título de Squall e Rinoa.

Esta nova versión chegará ás tendas cunha serie de novidades respecto a a orixinal como unha revisión de todo o apartado gráfico e o modelado dos personaxes, ademais dalgúns trucos que facilitarán as batallas e axilizarán a progresión aos xogadores que se fagan con ela. Por exemplo:

  • As barras de VIT e BTC énchense ao máximo continuamente e os límites sempre están dispoñibles ao longo dos combates. Iso si, non somos inmortais; podemos morrer por un golpe que nos quite toda a vida de golpe ou por Morte ou Condena.
  • Sen encontros aleatorios coas criaturas que poboan o mapa e os escenarios.
  • Velocidade (x3): O xogo avanza tres veces máis rápido do normal.

Carlos Pereiro
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

1 Comentario
  1. […] Final Fantasy VIII Remastered chegará este martes 3 de setembro a PS4, Xbox One, Switch e PC, incluíndo, ademais da revisión gráfica, unha serie de engadidos para mellorar ou simplificar a xogabilidade. […]

    Responder
Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *