Actualidade Final Fantasy VIII Remastered modifica o deseño dunha invocación

Final Fantasy VIII Remastered modifica o deseño dunha invocación

A revisión que Square Enix ten preparada para Final Fantasy VIII incluirá algúns cambios que van máis aló da simple melloría gráfica. Son tempos nos que todo movemento mírase con lupa, e a saída dun remaster tan agardado como é o deste clásico de PlayStation non ía ser menos.

Algúns optan por chamalo censura, outros póñense no outro recuncho do cuadrilatero. O único certo é que as redes sociais e os seus usuarios bailaron esta última fin de semana ao son da arpa de Serea, un dos Guardian Force da aventura de Squall e compañía. O motivo non é outro que o engadido dunha saia dee plumas a un deseño que antes permitía ver o que se podería entender como a vaxina desta invocación. A compañía xaponesa opotou por disimular este trazo.

Está por ver se este cambio afectará a todas as versións do título. É ben sabido que Occidente non ten o mesmo limiar para estes asuntos que Asia, onde adoitan ser máis rigorosos nalgúns aspectos. Ben é certo que falamos dun xogo que ten 20 anos, polo que as opinións móvense entre a idea de «ben está o que estaba ben no seu día», e a defensa da modificación, que evitaría sexualizcións innecesarias. Nunhas horas poderemos ver que versión chega a Europa.

Final Fantasy VIII Remastered chegará este martes 3 de setembro a PS4, Xbox One, Switch e PC, incluíndo, ademais da revisión gráfica, unha serie de engadidos para mellorar ou simplificar a xogabilidade.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.