Final Fantasy XIV supera a súa marca de xogadores simultáneos en Steam
Nunca tantos xogadores á vez xogaron Final Fantasy XIV. Ata 47.000 usuarios decidiron aventurarse no universo dixital de Square Enix a pasada fin de semana, tal e como sinalan as cifras oficiais da plataforma de Valve. O dato vén recalcar o incrible momento que atravesa o MMORPG despois do lanzamento da súa expansión Shadowbringers no 2019, intre no que comezou a súa nova vida.
O xogo, que viu a luz hai oito anos, atravesa un momento moi doce ao se colocar como o gran título do seu xénero, superando mesmo a World of Warcraft, sendo o primeiro a opción actual máis popular dos amantes dos MMO. A cuarta expansión de Final Fantasy XIV, aterrará o 23 de novembro deste ano, tal e como Square Enix anunciou ao mesmo tempo que o seu lanzamento en PlayStation 5. Incluirá un novo traballo seleccionable chamado Reaper, Old Sharlayan como nova cidade e a nova raza Vise masculina, entre outros engadidos.