Final Fantasy XVI será exclusivo de PS5 durante seis meses
A través dun anuncio de PlayStation que podes consultar na seguinte ligazón, Sony revelou que Final Fantasy XVI será exclusivo de PlayStation 5 durante seis meses.
Trátase dun anuncio promocional con varios xogos —The Last of Us Parte I ou God of War Ragnarök— tratando de convencer ao mundo das bondades da consola de Sony. E si, tamén aparece o futuro Final Fantasy, previsto para o verán de 2023, coa mensaxe da súa exclusividade temporal.
O tema é que sobre esta temporalidade non houbo anuncio previo, polo que podería ser un erro de non confirmalo Square Enix, pois é certo que aínda non se sabe cando chegará a PC —que si sabemos que o fará—. E outras consolas? Aí si que xa nada se sabe.