Finou Mick McGinty, creador da mítica portada do Street Fighter II de Super Nintendo

Finou Mick McGinty, creador da mítica portada do Street Fighter II de Super Nintendo

Mick McGinty formaba parte dese nutrido de artistas secundarios, para moitos anónimo, que axuda á conversión dunha obra nunha icona internacional e atemporal. McGinty, natural de Nebraska, Estados Unidos, era a man detrás dalgunhas das ilustracións e portadas máis icónicas e representativas dos anos 90 dentro do videoxogo, como é o caso da versión para Super Nintendo de Street Fighter II ou de Kid Chamaleon para Mega Drive.

O cancro acababou coa vida do artista estadounidense que, segundo apuntaba o seu fillo Joey McGinty, «era un artista incrible; e como auténtico artista, nunca estaba satisfeito co seu traballo final». «Papá sempre adoitaba visitar a nosa casa, ver algunhas pinturas que fixera para nós ao longo dos anos e, poñéndose a uns centímetros delas, dicía: ‘sabes, Jobe, gustaríame facer estes azuis un pouco máis profundos’ ou ‘sabes, gustaríame poñer algunhas sombras máis nesa árbore’ ou ‘isto realmente necesita unha capa fresca de verniz’», conta Joey na súa carta pública de despedida.

McGinty foi un deses responsables pouco coñecido á hora elevar o videoxogo durante os anos 9ou ao seguinte nivel a través dunha coidada mostra artística, acompañado ás obras dixitais de algo máis que o que amosarían en pantalla, chamando a atención do público. Ao longo da súa vida traballou tamén como freelance para compañías como Adidas, Universal Studios ou McDonald’s.

Legendaria ilustración, obra de Mick McGinty, para Street Figther II.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados