Fire Emblem: Three Houses pode chegar a durar 200 horas

No almanaque, o 26 de xullo aparece marcado en vermello para non poucos posuidores da consola híbrida de Nintendo. Fire Emblem: Three Houses aterrará por fin nas tendas para ofrecer diversión en forma de estratexia. E farao por moitas horas. Os seus creadores confirmaron que acadar o cento por cento da aventura pode levar até 200 horas.
«Rematar o xogo só cunha das tres casas levoume 80 horas», sinalou nunha entrevista o director de Three Houses, Yoshiyuki Kusakihara. «Non me saltei as cinemáticas nin conversacións, por suposto. Así que se queres completar as tres roteiros poderías precisar máis de 200 horas».
Hai uns días Nintendo deu a coñecer tamén o seu plan de contidos adicionais para o título de Intelligent Systems, con catro quendas de DLC que irán estando dispoñibles ao longo dos próximos meses.