Fire Emblem: Three Houses recibe novo contido do seu Pase de Expansión

O título exclusivo de Nintendo Switch, Fire Emblem: Three Houses, vén de activar a súa versión 1.1.0. Con este novo parche chega a terceira quenda de contido descargábel do seu Pase de Expansión, no que se inclúen novos traxes, a posibilidade de recrutar a Anna e outras actividades no mosteiro como a sauna ou o poder alimentar os gatos, entre outras.
Amais deste novo contido, tamén se corrixen algúns erros menores e amplíase o número de partidas gardadas a vinte e cinco. Se queres consultar todos os cambios realizados, podes visitar a entrada oficial de Nintendo.
Recrutem a lojista Anna, alimentem cães e gatos, convidem alunos para a sauna e desbloqueiem novos fatos com a terceira fase de conteúdos adicionais do Expansion Pass de #FireEmblem: Three Houses!
Disponível aqui: https://t.co/gJLuQvJulL pic.twitter.com/j2vpZK7kbZ
— Nintendo Portugal (@NintendoPT) November 8, 2019