Actualidade Fortnite é xa o primeiro título con xogo cruzado entre todas as plataformas

Fortnite é xa o primeiro título con xogo cruzado entre todas as plataformas

Parecía algo inviable hai meses, cando os directivos de Sony e Playstation aseguraban que non entraba dentro dos seus plans o xogo cruzado con, entre outros, usuarios de Microsoft e Xbox. Sen embargo, coa chegada da temporada 6 de Fortnite, desbloquéase o xogo entre plataformas, permitindo xogar entre amigos tanto de Playstation e Xbox, como de Switch e PC. “Tras un exhaustivo proceso de evaluación” a dirección de Sony permitiu este feito histórico.

Onte lanzouse unha beta aberta que permite xogar, avanzar e realizar intercambios multiplataformas. Desde a compañía xaponesa aseguran que é a oportunidade de levar a cabo unha comprobación rigurosa que asegure o mellor rendemento deste sistema. Tras o anuncio de Sony, sucedéronse as mensaxes de felicitación desde múltiples eidos. Ata Xbox sumouse á festa.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *