Fortnite, por fin dispoñíbel en Android desde Google Play Store

Fortnite, por fin dispoñíbel en Android desde Google Play Store

Tardou, pero Fortnite está xa dispoñlíbel na Google Play Store, a tenda dixital de Android. Epic sempre tivo reparos de entrar no sistema operativo de móbiles máis usado do mundo porque a plataforma leva un 30 % dos produtos que vende nela, mais Tim Sweeney tomou a decisión que non poucos agardaban para a súa comodidade.

O battle royale pódese xogar xa de xeito gratuíto a través da aplicación de Android, tal e como confirmou Epic Games nunhas declaracións a Polygon, após fracasar as negociacións entre ambas as dúas partes. Google gaña esta vez. «Despois de 18 meses de funcionamento de Fortnite en Android fóra de Google Play Store, chegamos a unha conclusión básica: Google pon o software descargábel fóra de Google Play en desvantaxe, a través de medidas técnicas e comerciais como xanelas emerxentes de seguridade repetitivas e aterradoras».

Sexa como for, alén das críticas de Epic cara ao xigante tecnolóxico, o seu xogo está agora dentro da tenda dixital americana. Para poder xogalo, tan só precisas 45 MB mínimos de espazo no teu teléfono para o lanzador e ter a versión 7.1 de Android ou superior. O xogo completo ocupa entre 1.14 GB e 1.76 GB con descargas adicionais.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados