Fortnite prepárase para comezar a súa nova tempada
Após aparecer antes de tempo por algunhas redes sociais, Epic Games vén de publicar a primeira imaxe oficial da Tempada 2 do Capítulo 2 de Fortnite. En principio, este xoves 20 de febreiro será o seu inicio.
Transmisión Interceptada
████████
████ == ████
████ pic.twitter.com/6nKi27JSWe— Fortnite (@Fortnite_ES) February 17, 2020
Xogando ás adiviñas, o battle royale quere ir quentando motores e xerar expectación. Apenas se achega información alén dese logotipo que se corresponde coa Axencia, unha organización até o de agora descoñecida. Sábese que este é o seu nome porque un bot co mesmo avatar apareceu o domingo nas canles oficiais de Discord do xogo.




