Forza Motorsport será publicado na primavera do 2023

Microsoft ben sabe que ten un tesouro entre mans grazas ao traballo de Playground Games con Forza. Desta vez traen de volta a marca Motorsport, cun novo xogo que verá a luz na primavera do ano que vén e que, por suposto, chegará de lanzamento a Xbox Game Pass.
Se Forza Horizon é a parte máis arcade e pensada para un público máis masivo, Forza Motorsport céntrase na simulación. Vese, como é habitual na franquía, moi ben, prometendo circuitos e coches cuns detalles sobresalientes. É mellor velo que explicalo, así que tes o vídeo a continuación por se queres velo ou revivilo.