Francia obrigará a Steam a permitir a revenda dos seus xogos

Terremoto xudicial para Valve. Os tribunais franceses deron a razón á Federal Union of Consumers, entidade que reclamaba á empresa americana, desde hai anos, a modificación de varios elementos do Acordo de Subscrición de Steam.
A noticia foi adiantada polo portal Next INpact, ao asegurar que o fallo a favor da nomeada organización de consumidores franceses, afectaría á cláusula de revendas dixitais, en principio prohibidas pola compañía estadounidense.
Segundo Valve, os seus consumidores non compran un produto dixital cando adquiren un videoxogo, senón que compran unha subscrición para acceder e usar contido e servizos de Steam, é dicir, pagan unha especie de subscrición. Non convenceu esta afirmación ao tribunal francés, que clasifica estas vendas como licenzas dixitais de pleno dereito, o que debería permitir revendelas do mesmo xeito que un xogo físico.
Que supoñería esta sentenza? Tal e como queda o caso, Valve estaría a violar as leis da Unión Europea sobre o libre movemento de produtos, de modo que todo xogo vendido en territorio europeo, pertencente á agrupación internacional, debería poder ser revendido sen Steam mediar niso. En realidade, a plataforma dixital tería que modificar até 14 cláusulas, definidas como «inaceptables» polos tribunais.
Por suposto, Valve afirmou que non está de acordo coa decisión e anunciou a súa intención de recorrer, comezando unha batalla legal.