Actualidade Freedom Fighters reaparece 17 anos despois da súa estrea para os PC actuais

Freedom Fighters reaparece 17 anos despois da súa estrea para os PC actuais

O clásico Freedom Fighters volve á vida. IO Interactive, responsables de Hitman, decidiu revivir o título publicado en 2003 para PS2, Xbox, GameCube e PC. Será compatible con Windows 10 e pódese comprar en Steam, GOG ou Epic Games Store.

Defínese como un xogo de acción moi divertido, ambientando nun futuro alternativo onde a Unión Soviética ocupou o a cidade de Nova Iorque. Entaremos na pel dun fontaneiro que debe liderar a resistencia para expulsar o exército vermello. Si, soa tan estraño como é.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.