Actualidade Galician Gamer, nova canle en galego con contido de seu

Galician Gamer, nova canle en galego con contido de seu

O contido en lingua galega cos videoxogos como alicerce expresivo continúa a medrar. Nesta ocasión, Galician Gamer — GG— presentouse a semana pasada ao mundo como unha nova canle de Youtube na que poder gozar de contidos culturais. Rexistrado fai un par de anos como nome, non foi até o de agora que os seus responsábeis puideron abrir as súas portas e comezar coa creación de vídeos.

Detrás da canal atópanse Yanh, Adrián González y FandeCards xunto con outros colaboradores que terán como obxectivo crearen propostas de temática variada, que van desde o podcast ao videoblogue. Coa idea de ir medrando aos poucos e ir gañando en estabilidade e constancia, partirase dun vídeo mensual de cada un dos implicados en Galician Gamer. «É un compromiso asumible incluso con vidas privadas máis ou menos ocupadas, pero como a idea básica é simplemente subir contido, habituarnos nestra primeira etapa. », explica Yanh, e continúa sinalando que son «tres rapaces comprometidos a facer contido na nosa lingua».

Polo momento, hai dous vídeos dispoñíbeis para a súa visualización. Un primeiro sobre a experiencia de xogo en  Yu-Gi-Oh! Duel Links e un segundo podcast baixo o título GG Radio, onde conversan sobre a última triloxía de Star Wars e a súa achega á franquía.

 

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.