Actualidade Game Pass supera as 25 millóns de suscricións e anuncia unha nova quenda de xogos

Game Pass supera as 25 millóns de suscricións e anuncia unha nova quenda de xogos

Amais do anuncio de compra de Activion Blizzrd, Microsoft tamén sacou peito ao longo das últimas horas do seu servizo estrela. O máis que coñecido Game Pass xa alcanzou a cifra de 25 millóns de subscritores. Phil Spencer, CEO de Microsoft Gaming, explicou que a súa intención é seguir engadindo valor a esta ferramenta, que previsiblemente sumará tamén os títulos da empresa que acaban de adquirir, como Call of Duty, Candy Crush o Starcraft.

Fai agora un ano foi publicada a última cifra oficial de subscritores de Game Pass, que era de 18 millóns.

Novos títulos para este xaneiro

Seguindo a súa axenda, Xbox presentou as novas obras que chegarán ao seu catálogo ao longo do que quede do mes de xaneiro. Destacan títulos como Death’s Door, Rainbow Sox Extraction, Windjammers 2 ou Hitman Trilogy. A continuación tes a lista completa:

Engadidosel 18 de xaneiro

  • Danganronpa: Trigger Happy Havoc (PC e consola)
  • Nobody Saves the World (PC e consola)

Añadidos el 20 de xaneiro

  • Death’s Door (PC e consola)
  • Hitman Trilogy (PC e consola)
  • Puperazzi (PC e consola)
  • Rainbow Six Extraction (PC e consola)
  • Rainbow Six Siege (PC)
  • Windjammers 2 (PC e consola)

Añadidos el 27 de xaneiro

  • Taiko no Tatsujin: The Drum Master
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.