Game Seer inviste 3,4 millóns no estudio barcelonés Lince Works, creadores de Aragami

Game Seer inviste 3,4 millóns no estudio barcelonés Lince Works, creadores de Aragami

O grupo Game Seer vén de realizar un investimento de capital de 3,4 millóns de dólares no estudo barcelonés Lince Works. Trátase dun grupo de creadores que hai catro anos, no 2016, publicaron o seu primeiro título, Aragami, xogo que gozou dun nutrido éxito entre crítica e público, chegando a despachar máis de medio millón de copias.

Segundo informacións pasadas, a empresa catalá xa está a traballar na súa vindeira obra, que se lanzará en PC e consolas nalgún momento do 2021. A súa presentación debería acontecer este mesmo verán. Se non coñeces o seu primeiro xogo, desde aquí unha recomendación directa e clara se es fan do sixilo e o mundo ninja. Está dispoñíbel en PC, PlayStation 4, Xbox One e Nintendo Switch.

Editor

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Artigos relacionados