Game & Watch volve á primeira liña da man de Super Mario Bros.

O retorno do clásico. Nintendo anunciou a chegada da Game & Watch: Super Mario Bros. A mítica consola portátil terá un pequeno renacemento e incluirá nas súas entrañas Super Mario Bros. e Super Mario Bros. The Lost Levels.
Porén, tamén contará cunha versión mellorada do xogo Ball e cunha función de reloxo. Poderemos gozar deste pequeno dispositivo a partir do 13 de novembro e contará cunha tirada limitada.