Gamescom 2019 :: Stadia tenta convencer con nomes e apelidos

A plataforma de xogo na nube de Google segue a ser unha especie de rara ilusión no aire. Todo o mundo quere que funcione, pero tamén todo o mundo mira con certa prudencia o que o xigante estadounidense ofrece. Na retransmisión deste luns 19 de agosto, unha hora antes da inauguración oficial da Gamescom 2019, Stadia quixo poñer nomes e apelidos a eses videoxogos que poderemos gozar no seu servizo. Non son poucos.
E empezou forte. Cyberpunk 2077 aparece como esa obra proposta para pirámide ou torre Eiffel da industria, un videoxogo chamado a facer historia e que tamén correrá en Stadia. Ora ben, non chegará ao mesmo tempo que ao resto de plataformas, en abril, senón máis tarde, nunha data sen especificar. En realidade, case ningún dos xogos que se ensinaron posuían unha data concreta.
Rompen esa norma, por exemplo, o xa coñecido Destiny 2, ou o Mortal Kombat 11. Moito terá que cumprir a plataforma de Google para correr correctamente títulos de loita, uns dos máis esixentes en latencia e ping. Tamén chegará a Stadia Samurai Showdown, en constante crecemento e un dos protagonistas do último EVO.
O certo é que non houbo demasiadas sorpresas. Sen dúbida, si hai títulos interesantes no horizonte —Borderlands 3, Destroy All Humans! ou Watch Dogs: Legion—, pero a necesidade de comprobar como funciona e como será o modelo real de negocio que a partir de novembro gozarán 13 países no mundo, entre eles España, é demasiado forte.
A continuación, a lista de todos os xogos amosados durante a retransmisión. Por certo, tamén se avisa que Capcom, Rockstar e Electronic Arts anunciarán novidades para Stadia, pero farano seguindo a súa propia axenda.
- Dragon Ball Xenoverse 2
Marvel’s Avengers
- DOOM Eternal
- DOOM
- Rage 2
- The Elder Scrolls Online
- Wolfenstein: Youngblood
- Destiny 2
- Cyberpunk 2077
- KINE
- Get Packed
- GRID
- Windjammers 2
- Metro Exodus
- Trumper
- Farming Simulator 19
- Baldur’s Gate 3
Watch Dos: Legion.
- Power Rangers: Battle for the Grid
- Attack on Titan 2: Final Battle
- Destroy All Humans!
- Orcs Must Die 3
- Football Manager
- Samurai Shodown
- Final Fantasy XV
- Tomb Raider Definitive Edition
- Rise of the Tomb Raider
- Shadow of the Tomb Raider
- Marvel’s Avengers
- SUPERHOT
- NBA 2K
- Borderlads 3
- Gylt
DOOM Eternal.
- Mortal Kombat 11
- Darksiders Genesis
- Assassin’s Creed Odyssey
- Just Dance
- Tom Clancy’s Ghost Recon Breakpoint
- Tom Clancy’s The Division 2
- Trials Rising
- The Crew 2
- Watch Dogs: Legion