Gearbox dá pistas sobre o tamaño do mapa de Borderlands 3
Dende o seu anuncio, os diferentes responsables e creativos de Borderlands 3 estiveron bastante activos en redes sociais. Gearbox sabe que o título ten que estar á altura, e os propios traballadores da compañía buscan aumentar a expectación ante o shooter-looter. O 13 de setembro aínda está lonxe, aínda que aos poucos vanse arroxando novos detalles sobre o proxecto.
Unha das preguntas máis recorrentes por parte da comunidade vén dada polo futuro tamaño do mapa ou mapas. Neste caso, foi Randy Pitchford, CEO do estudio, o que quixo aproximar unha resposta a través da súa conta de Twitter:
Locations all vary. Some are bigger than past averages, some are smaller. Overall, the game is a lot bigger than past games.
— Randy Pitchford (@DuvalMagic) April 11, 2019
«As localizacións son variadas», explica no seu chío Pitchford. «Algunhas son máis grandes que a media, e outras máis pequenas. En xeral, o xogo é moito máis grande que títulos anteriores». Paga a pena lembrar que neste Borderlands 3, ao contrario das tres primeiras entregas, que se desenvolven por completo en único mundo, viaxaremos a diferentes planetas. Quizais por iso fixese fincapé na diferenza de tamaños entre escenarios.