Actualidade Gears 5 elévase como a gran oferta do Xbox Game Pass para este mes de setembro

Gears 5 elévase como a gran oferta do Xbox Game Pass para este mes de setembro

Aínda que só fose este o único título que chegase para Xbox Game Pass este setembro, é probábel que a comunidade dese o visto bo. Gears 5 aspira a ser o gran título da marca verde este ano, o seu mellor exclusivo. Unha estrea de tal calibre, dispoñíbel desde o seu primeiro día de lanzamento soa mellor ca ben. Microsoft segue xogando a posuír o mellor servizo de subscrición co seu Xbox Game Pass, e non semella que queira deixar de facelo. Sexa para PC ou para consola, a lista de novos títulos para este setembro así o indica.

PC

Consola

Alén da nova obra de The Council, é interesante tamén a presenza de Dead Cells, título mil veces laureado dentro do circuíto de xogos independentes, e un dos mellores rogue-like desta xeración. Puro vicio. Seguindo a liña de títulos alternativos, tamén se presentan Enter the Gungeon, clásico instantáneo, e Gonner. Todos eles chegarán tanto para PC como para consola, incluíndo Creature in thee Well.

En PC, tamén estará dispoñíbel Shadow Warrior 2, ademais de Bad North; mentres que en consola, Metal Gear Solid 2 e Metal Gear Solid 3 HD Edition farán a súa aparición. Unha oportunidade sempre apetecíbel, esa volta á historia ideada por Hideo Kojima.

Iso si, abandonan o servizo:

  • Onrush (4 de setembro)
  • LEGO Batman 2 (6 de setembro)
  • Joy Ride Turbo (6 de setembro)
  • Splosion Man (6 de setembro)
  • The Maw (6 de setembro)
  • LEGO Indiana Jones (30 de setembro)
  • Shantae: Half-Genie Hero (30 de setembro)
  • Split/Second (30 de setembro)
  • Ninja Gaiden Black (30 de setembro)
  • theHunter: Call of the Wild (30 de setembro)

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.