Actualidade Gears Tactics finaliza o seu desenvolvemento e está listo para a súa chegada a PC

Gears Tactics finaliza o seu desenvolvemento e está listo para a súa chegada a PC

Varios xogos viron adiada a súa data de lanzamento durante as últimas semanas por culpa da crise do coronavirus, aínda que hai un título que non vai fallar á súa cita. Gears Tactics, o título de Splash Damage e The Coalition, xa é gold; isto significa que o xogo rematou o seu desenvolvemento e está listo para aterrar en PC o 28 de abril. Nesta ocasión a franquía de Gears of War cambia de xénero e decide introducirse no territorio da estratexia por quendas.

Este anuncio realizouse durante o Inside Xbox de onte, onde tamén tivemos ocasión de gozar dun novo tráiler. Nel puidemos ver a Gabe Díaz, protagonista de Gears 5, librando unha batalla contra Ukkon, a mente mestra detrás da creación do exército de locust. Alén de coñecermos a data para a súa chegada aos computadores, os usuarios de Xbox One deberán ter paciencia e seguir agardando pola estrea do xogo na consola de Microsoft.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.