Actualidade Geralt de Rivia xa pode cazar en Monster Hunter World

Geralt de Rivia xa pode cazar en Monster Hunter World

Xa está dispoñible a curiosa colaboración entre Monster Hunter World e The Witcher 3: Wild Hunt. Os dos títulos unen forzas e entrelazan os seus mundos. Así, os xogadores do título de Bandai Namco poderán toparse con Geralt no seu mundo infestado de enormes criaturas. Non está mal contar coa axuda dun bruxo cando vas de cacería, non?

A primeira parte da colaboración, destinada a cazadores de rango 50, ponnos nas botas de Geralt para resolver misterios e crear equipamento especial. Tras superar ese peculiar encargo e fabricar novos obxectos, poderemos participar nun reto por tempo limitado (do 15 de febreiro ao 1 de marzo) e que se terá un carácter multijugador.

A actualización é de balde, aínda que só está dispoñible para as versións de Xbox One e PlayStation 4.

Seica non é xenial contar coa axuda dun bruxo?

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.