
Ghost of Tsushima amosa novos artes conceptuais do Xapón feudal
Nunhas tres semanas, os xogadores poderemos entrar no mundo de Ghost of Tsushima, o novo título de Sucker Punch, o derradeiro exclusivo de PS4. A contorna feudal de Xapón convida a explorar todo o seu territorio e para nos amosar o atractivo da súa ambientación, o estudio encargouse de mostrar novas imaxes dunha terra devastada pola guerra.
Romain Jouandeau, Mitch Mohrhauser e Ian Jun Wei Chiew desenvolveron artes conceptuais do xogo. Nelas podemos ver a Jin Sakai, o noso protagonista, percorrendo diferentes localizacións variadas como zonas nevadas, campamentos fortemente fortificados e pobos que nos recibirán rodeados polo bosque.
Three weeks to go until #GhostOfTsushima! Here are a few pieces of concept art by our team to make the wait a bit easier. ?️ pic.twitter.com/0XEcHyHjfW
— Ghost of Tsushima ? July 17 (@SuckerPunchProd) June 26, 2020