Actualidade Ghost of Tsushima concreta a súa data de lanzamento para xuño

Ghost of Tsushima concreta a súa data de lanzamento para xuño

Ghost of Tsushima, o esperado exclusivo de PS4, vén de anunciar que chegará o vindeiro 26 de xuño á consola de Sony, dous anos despois da súa presentación durante o E3 do 2018. Xunto á data de lanzamento, chega un tráiler no que se amosa novo contido sobre esta historia baseada na época do Xapón feudal.

Na futura obra de Sucker Punch controlaremos a Jin Sakai durante a súa aventura épica pola liberdade de Tsushima. Para lograr o seu obxectivo, terá que deixar de lado as súas tradicións como samurai e converterse nun novo guerreiro. As últimas novas que coñeciamos do xogo apuntaban ao fugaz vídeo amosado por Sony durante o seu último State of Play, no mes de decembro. Este título sería o último gran exclusivo da xeración para a compañía nipoa.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.