Actualidade Ghost of Tsushima: Legends detalla o seu contido e anuncia a súa data de lanzamento

Ghost of Tsushima: Legends detalla o seu contido e anuncia a súa data de lanzamento

Xa coñecemos o día no que Ghost of Tsushima recibirá novo contido. Será o vindeiro 16 de outubro cando a actualización Legends chegue ao título de Sucker Punch e o seu principal atractivo será a inclusión de varios modos multixogador en liña.

Até catro xogadores poderán reunirse para sobrevivir a numerosas quendas de inimigos no modo Supervivencia, así como as Raids, que chegarán no futuro. Unha nova historia cooperativa tamén será incluída no parche.

Grazas á aparición dun novo mercador, poderase escoller entre catro tipos de personaxe diferentes como o Samurai -capaz de aguantar máis impactos-, o Cazador -con gran precisión a distancia-, Ronin -coa habilidade de revivir aos seus compañeiros caídos- e o Asasino -especializado en inflixir o maior dano posible-.

Por suposto, as novidades non rematan aquí. A campaña en solitario tamén recibirá un modo New Game + no que aparecerá un novo comerciante que aceptará as Flores Pantasma, dispoñíbeis unicamente neste modo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.