Actualidade Ghost of Tsushima supera os 5 millóns de copias vendidas desde o seu lanzamento

Ghost of Tsushima supera os 5 millóns de copias vendidas desde o seu lanzamento

Ghost of Tusushima converteuse por méritos de seu nun dos grandes xogos de Sony deste ano. A obra de Sucker Punch recrea con agarimo un Xapón feudal vasto e belo. O seu éxito, que xa se sospeitaba e do que xa se publicaron cifras millonarias, volve ser realidade ao publicar The New York Times unha nova na que informa sobre o título, indicado que xa superou a barreira dos cinco millóns de copias vendidas. Viu a luz en xullo.

Recentemente, Ghost of Tsushima recibiu diversas melloras, incluíndo un modo multixogador co que poder compartir misións e desafíos. Doutra banda, tamén se incluíu nesa última actualización un New Game+ co que revivir a aventura de Jin Sakai, pero conservando todas as técnicas e obxectos obtidos durante a partida anterior.

A obra de Sucker Punch tamén poderá ser gozada en PS5 con varias melloras no rendemento e no seu apartado gráfico.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.