Actualidade Ghostrunner publicará unha beta pechada para axudarmos no seu desenvolvemento

Ghostrunner publicará unha beta pechada para axudarmos no seu desenvolvemento

Ciberpunk, ninjas e unha banda sonora espectacular. Estes son os ingredientes que conforman a Ghostrunner, o vindeiro título da desenvolvedora One More Level e que mostrou un novo tráiler durante a Gamescom 2020.

Malia que o 15 de setembro coñeceremos máis novidades sobre o xogo, xa está aberto un período de rexistro para o acceso á súa beta privada. Trátase dunha proba pechada que, suxeita a un acordo de confidencialidade, permite a entrada anticipada no xogo para axudarmos ao estudio durante o seu desenvolvemento.

Para apuntarse nesta beta é preciso unirse á canle oficial de Discord do xogo para posteriormente rexistrarse na seguinte ligazón. Ghostrunner ten prevista a súa chegada nalgún momento do 2020 a Xbox One, PS4 e PC en Steam.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.