Actualidade
Ghostwire Tokyo sairá o 25 de marzo, segundo PlayStation Store
A nova obra de Shinji Mikami, Ghotwire Tokyo, sairá, segundo o indicado pola PlayStation Store, o 25 de marzo. Podería dicirse que é unha filtración oficiosa, pois saíu da propia tenda de Sony. O título de Tango Gameworks atrasouse en xullo do ano pasado e só fixou unha xanela de lanzamento para «principios de 2022».
Sexa como for, desde a compra por parte de Microsoft de Bethesda, Sony non soltou demasiada información sobre Ghotwire Tokyo, polo que poderiamos sospeitar da retransmisión dun State of Play máis pronto que tarde.