Actualidade A banda sonora dos novos Tony Hawk engade 37 novas cancións

A banda sonora dos novos Tony Hawk engade 37 novas cancións

É imposible separar un Tony Hawk da súa banda sonora, e a revisión que está por chegar de Tony Hawk’s Pro Skater 1 + 2 non podía ser menos. A volta das dúas primeiras entregas contará coa práctica totalidade das cancións orixinais que escoitabamos hai vinte anos, engadindo algunha que outra nova. En total, 37 cancións compoñerán o repertorio roqueiro dos discman e reprodutores mp3 que cargan os personaxes.

Á lista de 19 pistas xa anunciadas, súmanse unha vintena máis de cancións emblemáticas do ska, o punk e o rap dos noventa. A continuación, podes ver a listaxe completa e un pouco máis abaixo a lista oficial de Spotify:

  1. “Misery Guts” por Alex Lahey
  2. “Let’s Do It” por All Talk
  3. “Life Support” por American Nightmare
  4. “Connect to Consume” por A. Swayze & the Ghosts
  5. “All Souls’ Day” por The Ataris
  6. “Can I Kick It?” por A Tribe Called Quest
  7. “Step It Up” por Backchat
  8. “In Control” por Baker Boy
  9. “Afraid of Heights” por Billy Talent
  10. “The Struggle” por Black Prez ft. Kid Something
  11. “South” por CHAII
  12. “Confisco” por Charlie Brown Jr.
  13. “Something to Say” por Cherry Kola
  14. “Made Me Do” por Chick Norris
  15. “Stomp” por Craig Craig ft. Icy Black
  16. “Coming Through” por Crush Effect ft. KARRA
  17. “Duck Eat World” por Destroy Boys
  18. “IN-TO-IT” por DZ Deathrays
  19. “West Coast” por FIDLAR
  20. “Sedona” por JunkBunny
  21. “Bomb Drop” por Less Than Jake
  22. “Bloody Valentine” por Machine Gun Kelly
  23. “Bass (feat. Tech N9ne & Hospin)” por Merkules
  24. “Let’s Ride” por MxPx
  25. “Mid 20’s Skateboarder” por Pkew Pkew Pkew
  26. “She’s Famous Now” por Reel Big Fish
  27. “Deathwire” por Rough Francis
  28. “Let Me In” por Screaming Females
  29. “Shutdown” por Skepta
  30. “Run It Up Pt. II” por Split Milk
  31. “Firecracker” por Strung Out
  32. “Same in the End” por Sublime
  33. “Like This” por The Super Best Frens Club
  34. “Flamingo” por Token
  35. “Lose Control” por Tyrone Briggs
  36. “Slow Learner” por Viagra Boys
  37. “All My Friends are Nobodies” por Zebrahead

Tony Hawk’s Pro Skater 1 + 2 recuperará todos os modos de xogo das obras orixinais, incluído o modo multixogador local para dous xogadores a pantalla partida e modo en liña para competir contra outros en diversas modalidades. A súa data de saída continúa fixada para o 4 de setembro en PS4, Xbox One e PC a través da Epic Games Store.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.