A Epic Games Store integrará un novo sistema de logros a semana que vén
Epic confirmou que incorporará un novo sistema de logros á Epic Games Store. Cando? En breve, a semana que vén, en teoría, xa estará activos. É certo que había xa un sistema chamado ‘logros de desenvolvedores’, mais parece que non gozou do éxito esperado.
O novo sistema incluirá experiencia que se irá sumando á nosa conta, igual que acontece nos perfís de PSN, Xbox ou Steam. Os títulos que xa contaban con logros de desenvolvedores adaptaranse a este novo sistema. Non todos os xogos terán logros de saída, pero si poderán incorporalos co tempo.
A compañía estima que a finais de ano estes estarán dispoñibles noutros títulos; e tamén indicou que «ao longo deste ano incorporaremos novas funcións sociais e recompensas para os xogadores». Entre os primeiros títulos compatibles aparecen:
- Rocket League
- Hades
- Pillars of Eternity
- Humankind
- Zombie Army 4
- Defense Grid