Actualidade A lendaria franquía Monkey Island regresa cun novo xogo dirixido por Ron Gilbert

A lendaria franquía Monkey Island regresa cun novo xogo dirixido por Ron Gilbert

Pasou o 1 de abril, así que non, isto non é unha brincadeira. A lendaria franquía de Monkey Island terá continuación cun novo título chamado Return to Monkey Island. E chegará este ano!

A cousa vai máis aló de recuperar o nome e os dereitos da mítica saga, pois será o seu creador orixinal, Ron Gilbert, quen colla o mando deste proxecto —na práctica xa colleu, pois Gilbert si que leva dous anos traballando en segredo nisto—. Ademais, para asegurar aínda máis a calidade e a seriedade, Devolver Digital está detrás, xunto con Lucas Film Games. O barco está cheo.

E non. Non é un reinicio, ou un reboot ou un remake ou unha remasterización. Return to Monkey Island será unha sequela directa de Monkey Island 2: LeChuck’s RevengeTrinta e un anos despois, a historia continuará. O 2022 aínda pode ser salvado.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.