Actualidade A nova expansión de Dead Cells confirma a súa saída no 2022

A nova expansión de Dead Cells confirma a súa saída no 2022

O aclamado roguelike de Motion Twin, Dead Cells, vivirá unha nova ampliación: The Queen and the Sea é o título da súa próxima expansión de pago, que chegará a PlayStation, Xbox, Switch e PC en apenas uns meses.

Aínda que non hai unha data concreta, no novo adianto que presentaron os seus responsables, a xanela de lanzamento aparece fixada para os primeiros tres meses do 2022. Ademais, tamén indican o seu prezo: 4,99 dólares.

The Queen and the Sea segue o camiño aberto polas anteriores expansións, The Bad Seed Fatal Falls, aínda que nesta ocasión incorporará engadidos con temática mariña e novos biomas.

No que respecta á progresión, estes novos biomas situaranse na parte final do xogo, e serán paralelos ao Castelo e a Sala do Trono, polo que teremos un novo xefe final ao que derrotar.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.