Actualidade A Planta Piraña pode corromper a túa partida de Super Smash Bros. Ultimate

A Planta Piraña pode corromper a túa partida de Super Smash Bros. Ultimate

A aterraxe da Planta  Piraña en Super Smash Bros. Ultimate debía ser motivo de alegría, pero non foi así para todo o mundo. Algúns xogadores informaron a través das súas redes sociais que ao sumar este novo loitador ao modo All-Star os seus arquivos de gardado foron corrompidos. Vaia, que podes chegar a perder o resto de combatentes desbloqueados, espíritos, cancións…

Polo momento non houbo un comunicado oficial por parte de Nintendo que explique ou comente a existencia deste bug, pero en Twitter non é difícil atopar usuarios que comentan o erro. En teoría, no modo clásico, si se podería utilizar a Planta Piraña sen maiores problemas.

Máis cambios tralo parche 2.0

A nova actualización de Super Smash Bros. Ultimate veu cun bo número de novidades. Dende a súa implantación pódese xogar no taboleiro de espíritos con até catro xogadores en modo sen conexión, claro que se un aliado é eliminado, todo o equipo perde automaticamente.

No modo en liña revisouse o cálculo do poder Smash a nivel mundial, mentres que se integraron novos espíritos: Pikachu e Eevee de Pokemon Let’s GO (até agora debías ter o nomeado título como tal), Dice Block, Golden Mushroom e River Survival.

 Nintendo aínda non confirmou que o bug está relacionado directamente coa Planta Piraña .

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.