Actualidade A tradución ao castelán de Disco Elysium xa está dispoñíbel en Steam, GOG e EGS

A tradución ao castelán de Disco Elysium xa está dispoñíbel en Steam, GOG e EGS

Nomeado como posíbel xogo do ano nos Game Awards, Disco Elysium colocouse como un dos títulos máis importantes do ano pasado. Por desgraza, a súa inexistente localización ao castelán supoñía unha barreira para a comunidade castelanfalante; asunto solucionado hai escasas horas, após ser publicada a tradución oficial do RPG.

O novo idioma está dispoñíbel en PC para as tres plataformas: Steam, GOG e Epic Games Store. Para activala só é preciso actualizar o xogo, ou deixar que se actualice de forma automática, de termos activa esta opción. Unha vez rematado o proceso, só quedará acceder aos axustes do xogo e seleccionar a nova lingua.

A adaptación está a recibir críticas moi positivas, algo realmente valioso tendo en cuenta que este RPG policíaco está cheo de diálogo complexos e un protagonista único á hora de expresarse. Paga a pena lembrar que comezou como un proxecto fan grazas a Clan DLAN, pero o estudio responsábel da obra decidiu ofrecer os recursos necesarios para oficializala.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.