Actualidade Adianto e primeiros detalles do novo RPG de Dragon Ball

Adianto e primeiros detalles do novo RPG de Dragon Ball

Bandai Namco acaba de presentar de maneira oficial Dragon Ball Game Project Z: Action RPG, o futuro xogo de rol e acción situado no mundo ideado por Akira Toriyama. Tal e como se rumoreou ao longo da fin de semana, CyberConnect2 é o estudio encargado do seu desenvolvemento. Chegará ao longo de 2019 para PC, Xbox One e PlayStation 4.

Segundo parece, o título narrará as aventuras que Goku vive en Dragon Ball Z. Aínda que non se precisaron as sagas do manga orixinal que aparecerán no título, no adianto vese que, polo menos, chegarase á destrución de Namek co mítico Saiyan transformado por primeira vez. Nunha breve escena tamén aparece o heroe tratando de realizar a Genki-dama, un feito relacionado co final de Bu (ou con algunha película).

O xogo contará con voces en xaponés e en inglés (que non molaba telo coa dobraxe galega…). Polo momento, descoñécese se tamén se abordarán os arcos de GT ou Super, aínda que moitos usuarios xa sinalan a existencia de posibles DLC con tal contido. Non sería desatinado.

Project Z chegará, en teoría, ao longo de leste mesmo ano.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.