Actualidade Anunciados catro novos xogos de NES e SNES para Nintendo Switch Online

Anunciados catro novos xogos de NES e SNES para Nintendo Switch Online

Nintendo acaba de anunciar a inclusión de catro novos xogos ao servizo Nintendo Switch Online. Dispoñíbeis a partir do vindeiro 23 de setembro, tres son de SNES e un de NES.

Do primeiro sistema son Donkey Kong Country 2, sequela do lendario título de Rare; Mario’s Super Picross, publicado só no Xapón; e The Peace Keepers. Desde NES tamén resucitará o clásico de Natsume, S.C.A.T.

Anunciado novo Direct Mini: Partner Showcase para este xoves

A compañía da Gran N tamén programou unha nova retransmisión de novidades e anuncios para esta semana. Ás 16 horas, mostrarase «información sobre próximos títulos para Nintendo Switch dos nosos socios distribuidores». Así, é de esperar que o directo se centre en exclusiva en títulos third party. É posíbel que apareza o ansiado Bayonetta 3? Mañá sairemos de dúbidas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.